Fesurga

Porque queremos que cada empresa en Baixo Miño creza.

 

 

FESURGA é unha federación que nace dunha necesidade comun de promover e defender o comercio local fronte as ameazas actuais, está dirixida ao comercio da zona e é de carácter independente aberto e integrador, nace coa vocación de axuntar as vontades dos comerciantes desta rexión, impulsores da mesma, así como, a calquera outro que queira incorporarse e, co obxecto de mellorar, promover e impulsar a actividade comercial da nosa zona do Condado e Baixo Miño.

A nivel individual as asociacións integrantes viñeron realizando distintas feiras, campañas e promocions, dentro do ámbito local, con gran éxito e repercusión. Con esta unión preténdese que estas experiencias individuais superen o territorio municipal e desenvolvendo as actividades de probado éxito, así como novas iniciativas, sirvan en proveito de todos. E, con ese fin, dirixirá os seus pasos a realizar, en colaboración cos organismos públicos, tanto municipais como autonómicos ou estatais, a promover o desenvolvemento económico no Sur de Galicia.

Como podo asociar con FESURGA?

Fale connosco, porque o que queremos é o mesmo que todos os comerciantes: buscar a unidade para fortalecer o negocio.